lunes, 16 de diciembre de 2013

1.Porqué o home é un “animal social” segundo Aristóteles?

Para Aristóteles a sociedade é o medio natural de cada individuo onde demostra o seu desenvolvemento e perfección, o home é un ser que precisa doutros da súa especie para sobrevivir, no pode vivir illado, xa que non se realizaría completamente e necesita da convivencia con outros para poder logralo.

2. Segundo Aristóteles non podemos distinguir entre “estado natural” e “ estado social”, é dicir, entre a bioloxía humana e a sociedade humana. Explica o teu punto de vista sobre esta cuestión: na nosa “xenética” está vivir en sociedade ou poderíamos vivir illados?



Segundo a miña opinión decántantome sen dubidalo coas explicacións de Aristóteles, xa que penso que non poderíamos vivir illados no mundo, sen comunicarnos co resto de seres humanos, xa que penso que desta maneira axudaríase a que a nosa especie se estinguise e dera lugar uns individuos nos que se reflexarían moitas carencias que só co feito de convivir con outra persoa se saldarían, posto que froito de vivir en sociedade resultaron moitos dos sentimentos e valores cos agora contamos, como serían o cariño e aprecio que sentimos por certas persoa, o respecto, a solidariedade, a dor por a falta de alguén querido… e así un sin fin de sentimentos e sensacións que o ser humano posúe e que se vivísemos illados non chegaríamos a coñecer.
Un reflexo de que a sociabilidade está nosa xenética é a fala, xa que a Natureza no-la concedeu para comunicarnos co resto de seres e que xa dende moi pequenos comezamos a perfeccionar para así poder, simplemente vivir.
Penso que non tería sentido vivir illados, que co paso do tempo aumentarían a necesidade de conectar con alguén que simplemente che conte algo e viceversa, e que o sentimento de soidade se apoderaría da nosa especie e no converttríamos en animais ou bestas (como cita Atistóteles) e botaríamos a perder este don do que disfrutamos e en moitas ocasións non nos decatamos da importancia que ten ata que o perdemos, ou por exemplo, cando vemos a unha persoa discapacitada, ou xordo-muda, e compredemos o fácil que é para nos articular calquera palabra e expresarnos tal e como o noso cerebro e corpo nos permite; neses caso creo que tamen queda exemplificado que a sociabilidade ven dada nosa xenética, porque ata esas persoas que anteriormente tomei como exemplo ( sin ánimo de ofender) tamén chegan a establecer relacións nesta sociedade e seguramente sexa unha gran terapia para casos complicados e lles serve de gran axuda relacionarse co resto de persoas que as rodean.

3.Que é máis importante para Aristóteles, o individuo ou a sociedade, como o argumenta?

Para Aristóteles é máis importante a sociedade que o individuo, e argumentaoo dicindo que non é posible pensar que o individuo sexa anterior á sociedade e que dita sociedade sexa resultado dun pacto entre os inviduos que vivían independentemente illados os uns dos outros; tamén dí que o todo é anterior ás partes.

4. Segundo os sofistas, vivimos en sociedade porque a nosa natureza nolo impón ou porque chegamos ó acordo de vivir en grupo? Razoa a resposta.

A tese dos sofistas defende que a sociabilidade dos humanos é froito dun pacto ou convencion entre individuos. Denden que estas relacións co resto de individuos son resultado dunha forma imposta polo propio conxunto de individuos pero que non é o unha carecterística innata.

5. Por que o feito de posuir linguaxe demostra que o home naceu para vivir en sociedade?

Porque a súa natureza social concorda coa súa natureza racional e así a expresa a través da linguaxe, xa que o ser humano ten a capacidade de razoar e tamen de falar para que sexa posible a vida en comunidade; Aristóles utiliza o argumento da linguaxe para reforzar a súa teoría que persoalmente comparto que ten feitos demostrables na historia do ser huamano, onde os primeiros homínidos xa vivían en comunidades nómadas dende fai millón de anos e que a pesar de que nun principio carecían dun linguaxe establecido, co paso do tempo  pasaron de emitir complicados sons e utilizar a linguaxe corporal e foron perfeccionado estes sons ata obter como resultado as diferentes linguas que abarcan o planteta terra.

6. Por que cres que dirá Aristóteles que un home só, illado da sociedade, non pode realizarse?

Porque sen unha sociedade na que convivir carecería de motivacións e incentivos para, por exemplo, adquirir coñecementos e transmitilos ás seguintes xeracións. Non querería medrar como persoa, xa que ó non comunicarse con ninguén non habería curiosidade e simplemente se conformaría cos seus feitos e pensamentos sen ter a oportunidade de expoñer as súas ideas, dúbidas,etc.

7. Que ten que ver a linguaxe coa natureza racional do home?

Como xa citei antes a capacidade de razoar e de falar son innatas do ser humano e son consecuencia unha da outra, xa que se só pidesemos razoar non poderíamos debatir e expoñer os nosos pensamentos, co que me parece un forte arguemento para posicionarme do bando de Aristóteles dicindo que a sociabilidade pertence á xenética do home argumentado que a capacidade de razoar e falar para así exercitar estes dons que a Natureza nos deu para que así no organizásemos en sociedades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario