sábado, 14 de diciembre de 2013





“Una profesora renuncia a dar clase en Periodismo por el tratamiento del caso de Asunta”


Con este titular preséntase unha noticia que abre un posible debate sobre a información que se está a dar no caso da nena de Santiago supostamente asasinada polos seus pais e de cómo se está a dar.

A profesora en cuestión exerce na Facultade de Ciencias da Comunicación na cidade onde aconteceu o terrible suceso, e solicita que lle asignen outra facultade xustificando os motivos da súa decisión no rexeitamento de periodismo morboso e manipulador que na súa opinión se está a utilizar no caso e que incluso de persoas que ela mesma contribuiu  na súa formación.
Fai unha crítica ó tipo de periodismo tanto escrito, na rede, ou na televisión, que nestes tempos se está a utilizar tanto, e onde parece que prima o interés de ter máis ventas e captar máis público dunha forma sensacionalista, no canto de informar obxectivamente e sen dobles lecturas nin manipulacións.

Segundo a miña opinión, a decisión desta profesora pareceme un xesto de gran honestidade e que debería de servir de exemplo para moitas outras persoas como por exemplo os políticos que deixan tanto de desexar en materia de honestidade e humildade.

Penso que no mundo no que vivimos, a falta de valores se reflexa no día a día, na maneira de relacionarse das persoas e tamén na forma en que os medios de comunicación nos manipulan e subliminalmente intenten que pensemos dunha determinada forma, que baixo o meu punto de vista ten a intención de que nos distraen en certos temas importantes desviando a nosa atención cara a temas irrelevantes.
Como por exemplo a verdadeira situación na que se atopa o noso país ante a crisis que nos afecta, ou cos numerosos casos de corrupción política, etc. penso que a través dos medios se intenta disuadir ese interese utilizando por exemplo o fútbol e os deportes en xeral como temas de primeira fila para así entreter á sociedade e sobre todo influir no seu pensamento.
Tamén me parece moi criticable a maneira na que se informa, sen verificar a información e especulando coa forma na que ocorren os feitos, tanto en temas menos importantes coma en casos de supostos asasinatos, roubos,etc..

Desgraciadamente o periodismo non esta informando dunha forma honesta e legal, xa que en moitos casos dudo da legalidade de  moitos detalles que se engaden nalgúns artigos, como por exemplo neste caso e noutros nos que se especula antes de que o segredo de sumario se levante, e aínda así cando chega ese momento os medios sempre han tratar de publicar os detalles máis morbosos e escalabrosos para así non perderen audiencia nin ventas.



Baixo o punto de vista da Moral o deber do periodismo debería de ser informar á cidadanía dunha forma concreta  e xusta, pero non dunha forma imposta, nin manipulada, sen difamar e sen un interés morboso co único fin de conseguir aumentar a prodoctividade sen pararse a pensar se se lle fará dano a alguén, etc, tal  e  como a profesora reclama.

Pareceme un feito ético xa que penso a profesora actúou seguindo os seus propios valores e virtudes, argumentándose e adaptada á definicion do concepto de Ética, xa que está a reclamar un comportamento que ela ten como correcto e que coincide coa moral e neste caso é o individuo quen o reclama e deixa con elo entrever o que significa para ela a súa profesión e o concepto que ten de periodismo.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario