sábado, 14 de diciembre de 2013

Diferencia entre Ética e Moral






DEFINICIÓNS E DIFERENZAS ENTRE ÉTICA E MORAL




Moral : é o conxunto de normas que unha sociedade se encarga de transmitir de xeración en xeración, evolucionan ó largo do tempo e poseen fortes diferencias con respecto ás normas doutra sociedade e doutra época histórica, estas normas utilízanse para orientar a conducta dos integrantes desa sociedade.É o feito real que atopamos en tódalas sociedades.

Ética:é o conxunto de normas que un suxeito esclareceu e adoptou na sua propia mentalidade. É o feito que se dá na mentalidade dalgunhas persoas, e un conxunto de normas, principios e razóns que un suxeito estableceu como línea directriz da súa conducta.
É unha das ramas da Filosofía, fai un estudo racional da moral, a virtude, o deber, a felicidade e o bon vivir. Estuda as cousas polas súas causas, do universal e do necesario. Dedícase ó estudo dos actos humanos que se realizan por vontade e liberdade absoluta da persoa. Require da reflexión e da argumentación.





Diferencias:

A Moral ten unha base social, é un coxunto de normas establecidas no seo dunha sociedade, e exerce unha gran influencia na conducta de cada un dos seus integrantes. Pola conta, a Ética xorde como tal no interior da persoa, como resulatado da súa propia reflexión e elección.

A Moral actúa na conducta dende o exterior ou dende o inconsciente, en cambio a Ética infúe na conducta da persoa dende o interior, da súa propia conciencia e vontade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario