sábado, 14 de diciembre de 2013





EXERCICIO XÉNESE DA MORALIDADE / INSTINTOS




Os instintos son formas de tensión específica da enerxía psíquica, de acción dinamizante, que expresan as necesidades corporales e que producen fenómenos característicos da vida animal e humana.
Significan unha presión que produce a necesidade de unha reacción e que compete executala, e percíbese como unha necesidade.



Na actualidade consérvanse poucos instintos, e comparando a nosa sociedade coa ,por exemplo, do Home de Cromagnon, diríamos que agora mesmo son case inexistentes, xa que hay moitos motivos polos cales foron desaparecendo ó sociabilizarse e desligarse do lado máis cercano á natureza; o que ven a ser unha insuficiencia da natureza, xa que, como animais sociais que somos os seres humanos debemos que convivir co resto de persoas nunha sociedade determinada adaptándonos ás costumes,valores, normas,etc. désta; ó contrario de se nos deixásemos levar pola natureza onde se rexe polos instintos e que fundamentalmente se orienta á supervivencia do grupo sen contar cos máis débiles e vulnerables e rexeitando a harmonía, xa que cada especie tende a acaparar o máximo posible de alimento e de terrritorio. Por iso mesmo se fala da evolución do ser humano que flexibilizou as conductas innatas (perdendo así gran  parte dos instintos), desenvolveu a capacidade racional e aumentou as conductas cooperativas. Así obtivo liberdade aumentando as súas posibilidades e e aparecendo a necesidade de inventar a súa propia vida, ainda que tamén limita a capacidade de creación do inviduo polo medo a equivocarse e á inseguridade debido á presión cultural á que estamos sometidos na actual sociedade.
Este cambio de corpontamento no ser humano ven dado pola adaptacion á cultura como nova natureza, xa que a capacidade racional e de coñecemento deu a opotunidade de avanzar de infinitas formas de autorrealización; e tamen como xa citaba anteriormente, a adaptacion ós diferentes tipos de normas e valores que vamos fixando e cos que buscamos diferentes obxectivos: morais (busqueda da felicidade, dignidade..) ou técnicos (hixiene persoal..)
Dita adaptación é producto dun longo proceso de aprendizaxe da cultura que o rodea (sociabilización) e na que inflúen diferentes axentes como son:
  •  a familia , que ten unha finalidade sociabilizadora e emocional explícita que sobre todo na infancia e na adolescencia nos inculcan.
  • os amigos , cos que aprendemos a ter certa autonomía do inviduo, a ter empatía cos demáis, é dicir, poñernos no lugar dos demáis e sen unha finalidade sociabilizadora explícita.
  • a escola, cunha finalidade explícita e planificada, onde dende moi pequenos nos educan, incúlcannos valores, hábitos, actitudes, normas, etc…
  • medios de comunicación ( cine, tv, radio, internet, publicidade..), sen finalidade socializadora explícita, pero con gran influencia na sociedade moderna actual, xa que indirectamente conciona moitos rasgos como poden ser a forma de vestir, de actuar e incluso de pensar.

Os medio máis importante a través do cal vamos absorvendo a socializacion é a linguaxe, xa que como instrumento de comunicación humano é o máis poderoso, e tamén o son os xogos, os contos, as lendas, as cancións, refráns, novelas, películas, documentais, etc.

De todas formas hay normas e valores asimilados por socialización que dirixen gran parte das conductas dos humanos que se quedan curtas e das que precisamos unha resposta que o mesmo individuo se inventa, así vemos que a natureza non é suficiente para dirixir a conducta individual, como tampouco o son as pautas morais, e para iso é necesaria a relflexión sobre as decisións que queremos e debemos tomar, ou sexa, a Ética.

Por todo isto quedan argumentadas as consecuencias na evolución humana e con ela a carencia de instintos; e que baixo o meu punto de vista nomearia como exemplos de conductas instintivas que conserva o ser humano:

  • o instinto de protexer un ser querido, un fillo, un familiar..
  • o instinto de alimentarse
  • o instinto de asearse
  • o instinto de reproducirse, ainda que xa moi lexano ó orixinal da natureza, xa que na actualidade ven marcado por moitos factores que determinan que o sexo non sexa só unha unha funcion vital, se non  a busca de pracer e determinada por unhos cánons impostos pola sociedade.
  • o instinto de supervivencia, que ante unha situación de perigo debemos de manter a calma e pensar na maneira máis axeitada de solucionar o problema fronte o que nos atopamos.
  • o instinto intelectual, penso que todo ser humano sinte a necesidade de adquirir máis coñecementos ó longo da súa vida, xa sexan da natureza, laborais, psicolóxicos,etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario