sábado, 10 de mayo de 2014

SÍNTESE LIBRO H. KERBO "ESTRATIFICACIÓN SOCIAL Y DESIGUALDAD"




PROCESO DE LEXIMACIÓN SEGUNDO H. KERBO
Por: Susana Tojeiro Otero

Este capítulo nº 7 titulado “ El proceso de legitimación” comeza falando do que será un dos conceptos claves: sistema de estratificación da sociedade, é dicir, as desigualdades existentes entre as distintas persoas que intergran unha mesma sociedade. En toda sociedade podemos atopar unha certa estrutura social, máis ou menos complexa e que é a forma básica de enmarcar e situar unha Sociedade; esta estrutura está formada por un conxunto de subestruturas interconectadas entre sí de formas diversas     (estrutura de clases, de poder, económica, de poboación, ocupacional).
O autor sitúanos no suposto dunha sociedade cun grado alto de desigualdade, onde os que se atopan na parte máis baixa do sistema de estratificación sofren condicións de privatizacións de todo tipo, o que fai que vivan en condicións de pobreza eXtrema e que ademais o seu estatus (o lugar que ocupan dentro da estrutura dos estratos sociais) sexa rexeitados, apartados e invisibles ante o resto da sociedade e sobre todo por parte das elites. Utiliza o exemplo do sistema de castas na India, e a estabilidade e aceptación da desigualdade que existe argumentandoas por razóns relixiosas e culturais.
Con isto plantexa a pregunta de porqué seguen a existir sociedades con tanta desigualdade, problemas de liberdade,etc. se dados os supostos occidentales, este grupo desfavorecido e superior en número ó resto non rexeita o seu propio estatus e se rebela?
Aquí entra o problema do control de información, que en países comunistas coma China, CUba,etc, se leva a cabo minuciosamente por parte dos gobernos. Pero máis sorprende é o feito de en países modernos coma E.E.U.U. estes casos de selección da información tamén se leven a cabo, e teñan como resultado que a poboación viva nunha burbuxa onde a ignorancia se relaciona coa felicidade, que sepan menos incluso do seu propio país que do resto do mundo e que os individuos non se preocupen de recibir a información máis auténtica, xa que na actualidade sería moi dificil impedilo se a sociedade estivese de verdade preocupada por saber.
Para o autor isto inflúe en si a xente acepta ou non, os altos niveis de desigualdade e outras condicións de vida, e que teñen que ver directamente co proceso de LEXITIMACIÓN da estratificación social , é dicir como se fai aceptable para a poboación en xeral , o grado de desigualdade, o poder das elites na sociedade e o sistema de estratificación.
Dentro do proceso de lexitimación utilizanse e utilizáronse certos métodos, houbo períodos longos de tempo nos que a xente non aceptaba como lexítima a desigualdade pero impúxoselle a idea á xente mediante o uso da forza e mediante incentivos materiais para así manter a obediencia e convencer ós menos favorecidos de que a desigualdade é moralmente boa.
Tódalas teorías enmarcadas nos modelos de estratificación social coinciden na necesidade dun proceso de lexitimación para manter a orde social. As normas e ideoloxías deben xerar lealtade ás elites ou a certa forma de organización social para que a sociedade sexa posible.
Segundo a teoría funcional , a estratificación social e a lexitimidade da elite son necesarias e beneficiosas para tódolos membros da sociedade.
Para a teoría non crítica do conflito , a lexitimación é un medio de dominación da elite que non sempre beneficia a todos os membros da sociedade.
E para a teoría critica do conflito , a lexitimación é un medio de dominación da elite que impide que se acepte unha economía política distinta e que proporcionase menos desigualdade e explotación.
EL PROCESO PSICOSOCIOLÓGICO DE LEGITIMACIÓN
Dependendo do ámbito no que se centra a análise ou estudio, pode ser MICROSOCIÓLOXICO: que se centra no individuo e apoiase na psicoloxía social; e noutro ámbito máis xeral da análise está o MACROSOCIOLÓXICO: estudia a sociedade en xeral ou aspectos estruturales como a concentración de
poder.
NORMAS DA XUSTIZA DISTRIBUTIVA
No núcleo da estratificación social pode haber unha relación de conflito, pero cando o conflito aberto non propicia a rebelión nin o cambio social, entón o conflito lévase a un segundo plano; o que fai que nos planteemos cómo ocorre, por iso debemos ocuparnos das normas de xustiza distributiva, a autoevaluación e a ideoloxía que fan que se manteña a lexitimidade.

Cando as condicións obligan ós seres humanos a vivir moi cerca uns dos outros, éstes deben cooperar dalgún modo e establécese un concepto de xustiza ou equidade para repartir os bens e servizos, e reducir así o conflito aberto.
Segundo Homans, xa que as persoas fan o esforzo por manter a coherencia cognitiva e eles mesmos fan o a elección de por exemplo preferir pensar algo falso, pero coherente, a enfrontarse ó choque real; así desenrolan principios de xustiza, coma a distributiva, onde se establen que as recompensas deben ser proporcionais ás inversións e contribucións. Esta necesidade psicolóxica de consonancia cognitiva é supostamente a norma supostamente universal da xustiza distributiva para Homans.
Pero Moore afirma que tódalas sociedades teñen formas distributivas baseadas na necesidade e na contribución,debidas a nosa capacidade de empatía cos sufrimentos e necesidades dos demáis.
Hai probas de que as normas de xustiza distributiva existen e de que hay certo acordo entre a xente sobre ditas normas.
A desigualdade baséase nestas normas, pero a xente difire na súa aplicación, no caso das clase altas tenden a referires ó mérito nos xuízos de equidade, mentres que as clases máis baixas se centran na necesidade.
Un problema fundamental da xustiza distributiva é a ambigüidade na aplicación déstas, definir cáles son as contribucións máis importantes e o grao de recompensa xusto para determinadas contribucións. As elites teñen o potencial de manipular a valoración das contibucións para xustificar as grandes recompensas que reciben.
Así, ainda que hay certa desigualdade “xusta” baseada en normas de xustiza distributiva ¿por qué unha cantidade elevada de persoas chegan a aceptar unha gran desigualdade?.

PROCESO DE SOCIALIZACIÓN E DE AUTOEVALUACIÓN
A través da obra de George Hebert Mead sabemos que o concepto que un ten de sí mesmo desenrolase primeiro a través da interación co principais referentes e logo mediante a interación cos membros do conxunto da sociedade.
A clave é que os que están na parte baixa do sistema de estratificación soen ter unha autoevaluación baixa e vense a sí mesmos como persoa que apenas merecen algo.
Os métodos de educación ós fillos difiren dunha clase a outra. Ós nenos de clase traballadora enséñaselles a respetar a autoridade sen preguntarse a razón ou o propósito das ordes da autoridade. Ós nenos de clase media e media-alta , os pais eseñan ós seus fillos a ser máis indepententes e a ter máis confianza en sí mesmos e nas súas capacidades.
O sistema educativo tende a tratar ós nenos de modo difernte en función do seu orixe de clase.
A investigación do logro de status mostra cómo a orixe da clase moldea as aspiracións educativas e ocupacionais a través da influencia dos principais referentes, é dicir do seu entorno máis próximo.
O proceso de autoevaluación continúa durante toda a vida.
A relación dunha persoa coa autoridade e cómo a tratan o xefe e os seus compañeiros contribúe á autoevaluación. A investigación puso de manifesto que a posición de clase está máis relacionada coa autoestima ou a autoevaluación entre os adultos que entre os nenos; de maneira que a ocupación e a educación dun adulto inflúen de modo importante na súa autoestima.
Respecto ás relacións de autoridade no lugar de traballo hay estudos cualitativos que suxiren que cando os traballadores son tratados de maneira degradante e subordinada, a autoestima entre a clase traballadora é baixa. Canto máis descendemos na escala de autoridade ocupacional, máis baixas son as autoevaluacións.
A xente inspírase nos medios de comuicación de masas, nas películas, artigos periodísticos e na televisión para obter a imaxe das clases que ten o conxunto da sociedade, por exemplo a visión degradante dos receptores de axuda pública ou dos pobres, ou tamén que no cine, ou na televisión raramente os heroes son de clase baixa ou traballadora.
A clase alta recibe unha valoración máis positiva porque ocupa posicións máis altas, disfruta dunha maior audiencia, ten máis subordinados e soe ser máis coñecida na comunidade. Todo isto inflúe positivamente na súa autoevaluación.
Tódalas persoas utilizan reforzos e  mecanismos de creación de imaxe para facer a mellor presentación posible dun mesmo ante os outros. As persoas que teñen un estaturs máis alto disfrutan de máis capacidade e recursos para facelo, son máis capaces de aparentar que están tranquilos e baixo control, de facer unha mellor presentación, o que contribúe a unha autoevaluación alta.
O proceso de autoevaluación contribúe á lexitimación da desiguladade nun sentido xeral: cando unha persoa chega a ter unha evaluación baixa de sí mesma, chega a considerar que tanto a súas escasas recompensas, coma as grandes dos demais son xustas, considerando a desigualdade social como lexítima.

OS EFECTOS DO INDIVIDUALISMO E A “IGUALDADE DE OPORTUNIDADES”
Os membros das sociedades industriais modernas raramente aprecian a poderosa influencia que a nosa crenza en igualdade de oportunidades pode ter no mantemento do sistema de clases.
Nas sociedades que carecen desta ideoloxía revolucionaria, outra ideoloxías encarganse do mantemento das desigualdades de clase: a relixión en mans das elites políticas e económicas, foi a máis frecuente. Pero unha vez que estas vellas ideoloxías cairon a creza na igualdade de oportunidades demostrou ser unha ferramenta nova e poderoas para lexitimar a desigualdade.
As sociedades industriais medraron tanto que polo xeral proporcionan máis movilidade social ascendente ca descendente. Cando se exportou a idea moderna da igualdade de oportunidades a nacións subdesenroladas con fronteiras de clase ríxidas,  a consecuencia máis frecuente foi o conflito de clases aberto.
Encuestas de opinión indican que os estadounidenses tenden menos a apoiar a acción gubernamental para resolver problemas sociais. En comparación coas principais nación industriais de Europa, os estadounidenses tenden a rexeitar a intervención do goberno para axudar ós pobres e reducir as desigualdades, e teñen a porcentaxe máis alta que cre que a igualdade de oportunidades existe realmente.
Tras unha minuciosa entrevista a traballadores brancos de pescozo azul, Lane descubriu unha fervente crenza na igualdade de oportunidades que influía no que éstes pensaban sobre a súa posición na vida, levaba ás persoa a atopar algún defecto en sí mesmas cando explicaban o seu status baixo. Estes homes podian beneficiarese dunha maior igualdade, pero pensaban que o duro traballo de toda a súa vida tería pouco valor se ós pobres se lles diran as mesmas recompensas. Desconfían da natureza humana e cren que si a todos os homes da sociedade se lles garantizasen recompensas iguais non habería incentivos.
Sen embargo ningún considerou a idea de que os graos actuais de desigualdade poderían reducirse sin efectos adversos. Isto débese a que a visión do mundo déstes é moldeada polas forzas máis xerais da sociedade.
Toda sociedade debe proporcionar algunha ideoloxía lexitimadora da desigualdade para manter a estabilidade do sistema de estratificación.
Debemos mencionar os efectos sociopsicolóxicos dos rituais de solidariedade, o apoio emocional que proporcional que proporcionan os rituais colectivos ás institucións e os valores básicos da sociedade.
A idea dos rituais emocionais traenos á mente a relixión, xa que pode servir tamén para desafiar as desugualdades de poder e privilexio.
E.E.U.U. é a máis relixiosa de tódalas sociedades industriais; así, a combinación de relixión e americanismo é o que da apoio emocional á desigualdade. A relixión americana convertiuse nuha relixión civil que alba ó país, á bandeira, ó anticomunismo e ó americanismo como calqueira idal relixioso. O resultado é que os valores e as institucións nacionais reciben un gran apoio emocional que o feito de cuestionalos roce a inmoralidade. Debemos recoñecer que a relixión civil nos E.E.U.U. contribúe importantemente á  lexitimación da desigualdade e da autoridade.
A solidariedade ritual existe prácticamente en tódalas sociedades humanas.
Os rituais emocionais colectivos son importantes porque a excitación emocional que despertan da sentido á realidade que buscan as persoas. Podemos entender que cando se celebran a xente ensalza o que ten en común: as isntitucións, valores  e relacións sociais que comparten. O que isto significa para a lexitimación do poder e a desigualdade é que calqueira forma de estratificación social recibe un significado positivo a través dos rituais de solidariedade.
As elites soen intenten controlar éstes rituais, pero non sempre é necesario. Si o poder e o privilexio dunha elite son un aspecto sólido da realidade común, o máis probable é que reciban apoio e lexitimidade a través dos rituais de solidariedade. Pero cando o poder e o privilexio das elite están amenazados pode er útil convocar estos rituais para obter apoio. Este chamamento sóese facer buscando ou inventando algunha ameza para a sociedade, coma a caza de bruxas de Salem no S. XV.
Unha das ideas sociolóxicas mellor fundadas é que o conflito co exterior do grupo soe xerar solidariedade dentro del.
BASES DA LEXITIMACIÓN. Resumo.
Ademáis de considerar os procesos psicosociolóxicos (xustiza distributiva, proceso de autoevaluación, rituais de solidariedade e a ideoloxía da igualdade de oportunidades) que xeran unha tendencia a aceptar a desigualdade nun sentido abstacto é imprescindible o grado de diferenza entre as recompensas e a magnitude da desigualdade que existe nas sociedades. Para comprender o grao de desigualdade e a formaque se pode manter debemos examinar que fan as elites a partir desta base psicosociolóxica para lexitimárense a sí mesmas e á economía política particular que representan.

Ninguén acepta a desigualdade de forma automática, nin todos están dispostos a aceptar o mesmo grao de desigualdade, ou a desigualdade, polas mesmas razóns. Hai variacións nunhas e outras partes do mundo respecto ó grao de desigualdade, por exempo, segundo investigacións, en Suecia e Xapón acéptase menos un grao alto de desigualdade ca en E.E.U.U. .

No hay comentarios:

Publicar un comentario