jueves, 6 de febrero de 2014




Lawrence Kohlberg
Naceu o de 25 outubro de 1927 en Bronxville, Nova York, Estados Unidos, e morreu o 19 de xaneiro 1987.
Psicólogo. Obtivo en Chicago o título de “Bachelor or Arts” e o doutorado en Filosofía.
En 1958 presentou a súa tese doutoral sobre o desarroio do xuízo moral.
Prestou servizos de docendia na Universidade de Chicago e Yale. En 1968 incorporouse á Universidae de Harvard, onde permaneceu ata 1987. Nesta universidade desenrrollou a parte máis importante da súa reflesión acerca do desarroio moral e da autonomía. Para a súa investigación retomou gran parte das aportacións de Jean Piaget ó estudo da moral dentro da Psicoloxía. O seu traballo continuouse no “ Centro para o Desarroio e a Educación Moral”, fundado por el en Harvard.
Morreu en circunstancias dramáticas, debido a unha depresión que sufría dende facía tempo.



Teoría do desarroio moral

Kohlberg considera esencial comprender a estructura do razoamento fronte ós problemas de caracter moral. Na súas investigacións non se centra nos valores específicos, senon nos razoamentos morais, é dicir, na razóns que teñen as persoa para escoller unha ou outra acción. Son os aspectos fomais do pensamento moral os que lle interean a Kohlberg.
Comezou o seu traballo recollendo materia dende 1960; básicamente presentaba á xente “dilemas morais” , é dicir, casos conflictivos de decisión e clasificaba as respostas que obtiña. Mediante este procedemento chegou a describir seis etapas  que corresponden a tres niveis distintos de razoamento moral.
O autor sostén que a secuencia de etapas é necesaria, e non depende das diferenzas culturais.

ETAPAS DO DESARROIO MORAL SEGUNDO KOHLBERG

Nivel I     Preconvencional ( basado en castigos e recompensas). Ata os 7 ou 8 anos.
ETAPA 1 Orientación ó castigo e á obediencia. Obedecer as regras para evitar castigo.
ETAPA 2 Hedonismo instrumental inxenuo. Obedecer para obter recompensas,para recibir o pago de favores.
NIVEL II  Convencional (basado na conformidade social). Dos 8 ós 11 anos.
ETAPA 3 Moral do “neno bo”, consiste en manter boas relacións e obter a aprobación da xente. Mostrar conformidade para evitar a desaprobación ou o rexeitamento do outros.
ETAPA 4  Moral que consiste en manter a autoridade. Mostrar conformidade para evitar a censura das autoridades lexítimas coa culpa resultante. O papel dos adultos redúcese.

NIVEL III   Posconvencional ( basado en principios morais). A partir dos 11 anos.
ETAPA 5 Moral de contrato dos dereitos do individuo e da lei aceptada democráticamente. Obedecer a leis do país polo ben da comunidade.
ETAPA 6 Moral dos principios individuais de conciencia. Obedecer os principios éticos universais.





No hay comentarios:

Publicar un comentario