jueves, 30 de enero de 2014

RESUME Hª LEXISLACIÓN ESPAÑOLA SOBRE O ABORTO

Segunda República Española

O 25 de dicembrO de 1936 legalÍzase o aborto en Cataluña mediante o decreto firmado por  Josep Tarradellas. Na zona leal á República durante a Guerra Civil Española, sendo Ministra de Sanidade a cenetista Federica Montseny (dende novembro de 1936 a mediados de maio de 1937) no goberno presidido polo socialista Francisco Largo Caballero  despenalizouse a práctica do aborto inducido en 1937, pero a súa vixencia durou moi pouco, posto que o bando franquista a derogou.

Lei Orgánica 9/1985

Na Lei Orgánica 9/1985, aprobada o  5 de xullo de 1985,despenalizouse el aborto inducido en tres supostos: risco grave para a saúde física ou psíquica da muller embarazada (suposto terapéutico), violación (suposto criminolóxico) e malformacións ou taras, físicas ou psíquicas no feto (suposto euxenésico). De acordo con esta lei, a xestante podía interrumpir o embarazo en centros públicos ou privados nas primeiras 12 semanas no caso criminolóxico, nas 22 primeiras semanas no euxenésico, e en calqueira momento do embarazo no caso terapéutico.

Nos supostos segundo e terceiro,  requeriríase un informe médico que certificara o cumprimento das condicións establecidas por la lei; nos casos de violación, era preciso cursar previamente a pertinente denuncia policial. Nestos tres supostos, non era posible o aborto practicado por un médico, ou baixo a sua dirección,nun centro sanitario acreditado para facer interrupcións voluntarias do embarazo, xa sea público ou privado, col consentimento expreso da muller. Nos demáis casos, o Código Penal establecía diversas penas de prisión tanto para a muller embarazada como para os facultativos que practicaran abortos non amparados pola lei.


Lei Orgánica 2/2010

O  3 de marzo de 2010 promulgouse a lei Orgánica 2/2010 de saúcde sexual e reproductiva e da interrupción do embarazo. Esta lei ten como obxecto garantiza os dereitos fundamentais no ámbito da saúde sexiañ e da saúde reproductiva establecidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS), regular as condicións da interrupción voluntaria do embarazo e establecer as correspondentes obligacións dos poderes públicos. A lei entrou en vigor o 5 de xullo de 2010..
No seu Título II, artículos 13 y 14,concrétase a despenalización da práctica do aborto inducido durante as primeiras 14 semanas do embarazo. Durante este tempo, a mujer poderá tomar unha decisión libre e informada sobre a interrupción do seu embarazo. Non habrá intervención de terceiros ea decisión.
No seu artículo 15 señala que o prazo de posibilidade de interrupción voluntaria do embarazo aumenta ata a semana 22 en casos de «graves riscos para a vida ou a saúde da nai ou do feto». A partir da vixésima segunda semana, solo poderá interrumpirse o embarazo en dous supostos: que «se detecten anomalías no  feto incompatibles coa vida» ou que «se detecte no  feto una enfermidad extremadamente grave e incurable no momento do diagnóstico e así o confirme un comité clínico.

Artículos 13 e 14 do Título II da Lei 2/2010

Artículo 13. Requisitos comúns.
Son requisitos necesarios da interrupción voluntaria do embarazo:
Primeiro.–Que se practique por un médico especialista ou baixo a súa dirección.
Segundo.–Que se leve a cabo nu centro sanitario público ou privado acreditado.
Terceiro.–Que se realice co consentimiento expreso e por escrito da muller embarazada ou, no seu caso, do representante legal, de conformidade co establecido na Ley 41/2002, Básica Reguladora da Autonomía do  Paciente e de Dereitos e Obligacións en materia de información e documentación clínica.
Poderá prescindirse do consentimento expreso no suposto previsto no artículo 9.2.b) da referida Ley.
Cuarto.–No caso das  mujeres de 16 e 17 anos, o consentimento para a interrupción voluntaria do embarazo  correspóndelles exclusivamente a elas de acordo co réxime xeral aplicable ás mulleres maiores de idade.
Polo menos un dos representantes legais, pai ou nai, persoas con patria potestade ou tutores das mulleres comprendidas nesas idades, deberá ser informado da decisión da muller.
Prescindirase desta información cando a menor alegue fundamentalmente que isot lle provocará un conflito grave, manifestado  no peligro de violencia intrafamiliar, ameazas, coaccións, malos tratos , ou se produza unha situación de desarraigo ou desamparo.
Artículo 14. Interrupción do embarazo a petición da muller.
Poderá interrumpise o embarazo dentro das primeiras catorce semanas de xestación a petición da embarazada, sempre que concurran os seguintes requisitos:
a) Que se informara á muller embarazada sobre os dereitos, prestacións e axudas plúblicas de apoio á maternidade, nos téminos que se establecen nos apartados 2 e 4 do artículo 17 desta Lei.  
b) Que transcurrise  un plazo de polo menos tres días, dende a información mencionada no párrafo anterior e la realización da intervención.
Proceso de aprobación da lei 2/2010
En 2009 tramitouse a reforma da lei de 1985 que regulaba a interrupción voluntaria do embarazo en 3 supostos delimitados por unha nova lei na que se permitiría, en calquera circunstancia, duarante as 14 primeiras semanas de xestación, e , ata a semana 22, en caso de exista grave risco para a vida ou a saúde da embarazada ou risco de graves anomalías para o feto. No caso de que se detecten anomalías fetales incompatibles coa vida, non hay límite para abortar. A nova lei permitirá tamén ás xovenes de 16 e 17 anos abortar sen necesitar a autorización dos seu pais.
Esta reforma, apoiada polol Partido Socialista Obreiro Español e avalada polol Consejo de Estado,recibiu críticas do Partido Popular, da Igrexia Católica e de grupos antiabortistas.
A Lei  2/2010 de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo finalmente foi aprobada por 184 votos a favor, 158 en contra e unha abstención. Apoiaron a lei o PSOE, partido no Goberno de España presidido por José Luis Rodríguez Zapatero, coa Ministra de Igualdad Bibiana Aíd. Os partidos que apoiaron ó Goberno foron o PNV, ERC, IU, ICV, BNG, Na-Baiy dous diputados de CiU.
O Partido Popular foi o único partido que se opuxo á aprobación da nova lei. Tamén se opuxeron algunhos membros doutros partidos como Coalición Canaria, UPN e UP y D e sete diputados de CUiU.
Fóra do do parlamento, organizacións da sociedade civil, tamén mostraron o seu rexeitamento:representantes da Coferencia Episcopal Española da Igrexia Católica, Asociacións Pro-vida e o Instituto de Política Familiar (IPF).
No 2009 un sondeo sobre a xuventude española realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas, indicou que un 55% dos xóvenes consideraba que era únicamente a muller a que debía decidir sobre o tema; un de cada catro consideraba que a sociedade debe poñer certos límites; mentras que un 15% manifiestába en contra do aborto en tódolos casos.



Decálogo da “Lei de Protección da Vida do Concebido”

Estes son os cambios que incorpora a nova norma aprobada sobre a interrupción do embarazo no Conselo de Ministros

El Consejo de Ministros aprobou o día 20 de decembro de 2013 a Lei Orgánica de Protección dos dereitos do Concebido e da Muller Embaraza. Unha norma que suprime o dereito ó aborto tal e como estaba esposto na Ley de Prazos aprobada en 2010 polo Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.
Estes son os principaies aspectos avanzados polol ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón:


1. O aborto permítese se  existe "menoscabo importante e duradeiro" para a saúde física e psíquica da muller ou un perigo importante para a súa vida. O outro suposto é que haxa “delito contra a saúde ou indemnidade sexual” da muller (violación).


2. No prazo para o primeiro suposto (risco para a saúde física ou psíquica da muller) será de 22 semanas de xestación e para o segundo(violación),de 12 semanas. Para poder acollerse a esta segunda posibilidade, será necesario que a agresión fose denunciada.


3. O risco para a saúde física ou psíquica da nai deberá “acreditarse de forma suficente cos informes motivados emitidos por dous médicos distintos dos que practican o aborto”. Os facultativos deben ser "especialistas na patoloxía que xera esa decisión". Despoiss de que os facultativos evalúen á muller, esta, recibirá información “verbal” da man dun “colaborador do sistema público” sobre as alternativas á interrupción do seu embarazo; tra isto, está obrigada a esperar “polo menos sete días” (frente ós tres actuais) para tomar a súa decisión.


4. Os médicos que realicen a evaluación da mujer ou  do feto non poderán traballar no mesmo centro onde se vaia a practicar a intervención.


5. Cando o perigo para a saúde psíquica da nai teña casa nalgunha “anomalía fetal incompatible co vida”, será preciso un informe médido sobre a nai e outro sobre o feto, de forma “que quede probada dita anomalía”.


6. Se a anomalía incompatible coa vida no houbera podido ser detectada clínicamente "cun diagnóstico certeiro" nas 22primeiras semans de xestación, o aborto tamén poderá practicarse despois, sempre e cando se cumprasn os requisitos anteriores.


7. Permítese a obxección da conciencia de tódolos profesionais sanitarios que participen ou colaboren no proceso de interrupción do embarazo(diagnóstico e intervención). Para iso, o profesional deberá comunicalo por escrito ó director do centro dentro dos cinco días seguintes ó empezar a traballar nel. A súa decisión incluirase no seu expediente personal,que será reservado e confidencial. O exercicio deste dereito, que non admite modulacións, poderase modificar en calquera momento.


8. Prohíbes a publicidade das clínicas que practican abortos. “ Non é un producto de consumo e esa información solo deben facilital os especialistas”, afirmou Gallardón.


9.  Para que o consentimento da menores de idade se entenda como “informado e libre” , é dicir, para que poidan abortar nos supostos que permite a lei, será obrigatoria “a pariticipación dos titulares da patria potestade” , xa sean pais ou tutores.


10. Practicar un aboto fóra dos supostos estipulados non terá reproche penal para a muller. “ É a primeira vez na historia de España na que se libera á muller da posibilidade de sufrir calquera reproche penal” , dixo o ministro. Gallardón non especificou, sen embargo, sí que haberá sanción admistrativa. O que sí asegurou é que o médico que se salte a lei, será sancionado según a normativa vixente.   

Claves da reforma da lei do aborto



1. ¿Acábase co aborto libre libre da Aído?
Sí. En esencia, vólvese á lei do aborto de 1985, na que se podía abortar en caso de violación, dano para a vida ou saúde física ou psíquica da nai e malfomación do bebé, pero con máis garantías e matices para elimirar os coadeiros desa lei. Non haberá aborto libre nas priemeiras 14 semanas da lexislación actual.
2. ¿Qué malformacións serán motivo de aborto?
É unha das cuestións máis espiñosas que ainda non teñen resposta. A lei distinguirá entre discapacidade (que non será motivo de aborto) e un listado de malformacións do feto que son incompatibles coa vida. Non bastará con alegar que o feto ten unha discapacidade, por exemplo, a Síndrome de Down.  
3. ¿Qué enfermidade é  incompatible coa vida?
O exemplo máis claro é a anacefalia, unha malformación do sistema nervioso que impide o desaollo do cerebro. Non hay tratamento posible e ó nacer, o feto morre. Tamén algunhas anomalías do corazón moi severas poden poden ser letales no momento do nacemento, ainda que moitas poden ter tratamento quirúrxico repatador. Ocorre igual coa espiña bífida, pódese operar no momento do nacemento, pero estes nen@s necesitarían ciruxías e tratamentos de por vida.


4. ¿Quén o decidirá?
O Goberno traballa cun grupo de expertos para decidir ese listado, ainda que con toda a probabilidade, decidirase caso por cao. Queda por determinar se bastará co dictame do xinecólogo, ou se será necesaria a opinión dun comité, médico, con máis de un profesional.               


5. ¿Cómo se evitará que os danos para a saúde psíquica sean un coadeiro de aborto libre?
Non bastará como recurso, deberá acreditalo un especialista. A lei  deberá especificar se abonda un terapeuta, un asistente social ou se necesitará o dictame dun profesional máis especializado, xa sexa un psicólogo ou un psiquiatra.


6. ¿Regularase  a obxeción de conciencia?
Sí, poñeranse tódalas garantías para que os profesionais sanitarios podas obxetar e non se sintan presionados a interromper unha xestación. A obxeción de conciencia está regulada pola Lei Orgánica  2/ 2010 que obriga ós profesionales sanitarios a manifestar por escrito a súa obxeción e a declarar implícitamente sobre a súa ideoloxía , relixión ou crenza. Algúns profesionais senten que así forman parte de listas negras.


7. ¿Poderá abortar unha menor de 16 años sen coñecemento dos padres?
Non, a reforma de Ruiz Gallardón zanxa un dos asuntos máis polémicos da última lei socialista, cando se autorizou a abortar sen consentimento paterno a rapazas de 16 anos. Desaparece así a posibilidade de que as menores podan abortar por decisión propia, ainda que o fagan acolléndose a un suposto legaol.  


8. ¿Y una mujer violada?
Sí, cando o embarazo sea froito dunha violación poderase interrumpir a xestación, como tamén se poderá facer si a vida da nai corre perigo, tal e como dicta o Tribunal Constitucional. A opción de salvar a vida da nai non supoñerá un reproche penal.


9. ¿Podrá ir a la cárcel una mujer por abortar?
Non.  A nova lexislación non criminalizará á muller e suprime calquera posibilidade que mantiá as leis anteriores. Mantéñense pena para quenes practiquen o aborto fóra dos supostos legales.  


10. ¿Terá financiación pública a intervención?
Algunhas comunidades autónomas pedíranlle á ministra de Sanidade, Ana Mato, a eliminación da financiación pública. Esa idea parece que se descartará, pero coa reforma da carteira básica de servicios, poderá decidirse a introdución dun copago para financiar parte da intervención.



Adxunto un “link” dun vídeo onde gallardón fala dos supostos para abortar:Gobierno explica los únicos dos supuestos para abortar - Dailymotion







REFLEXIÓN SOBRE O ABORTO:



Aborto:  dereito ou crime????


Tras coñecer as diferentes reformas da lei da interrupción do embarzo que se deron ó longo da historia do noso país e reflexionar detidamente os seus artigos e supostos, presento a miña opinión decantándome pola opción (persoalmente indudable) de dereito, polos motivos que citarei.
Para comenzar, dependendo do país no que cal se plantexe o tema do do aborto pode considerarse delincuente á muller á cal se lle practica o aborto, ou simplemente unha muller no exercicio dos seus dereitos, ou coma no caso chino: unha cidadá que acata as leis do Estado.
Pero nesta reflexión refírome á parte ética e moral do enunciado; polo que deberíamos analizar os motivos que impulsas ás nais a realizaren un aborto, xa que pode haber infinitude de casos, dende enfermedidades que nalgún suposto non se recollen, e polo tanto fan que o aborto non se practique. Penso que se unha nai á que lle detectan unha malformación xa sexa cerebral, síndrome de Down, as miles de enfermidades raras que cada coñecemos,etc. e a nai desa criatura non se ve capacitada físicamente, emocionalmente e tamén outra capacidade que non debemos olvidar, que é a económica, e que tamén é moi importante á hora de plantexar un problema deste tipo, xa que no anteproxecto de Gallardón que non permite abortar en calquera dos casos de enfermidade ou malformación, para a miña opinión, está condeando a moitas nais a sufrir precariedade, xa que todos sabemos que os tratamentos médicos, aparatos,etc. teñen un elevado prezo, e sen embargo,  día sí, día tamén, vemos nos  medios de comunicación como familias que teñen alguén dependente nos seus fogares non dispoñen de axudas axustadas ás súas necesidades, axudas que se viron reducidas debido á crise e nalgúns casos ata suprimidas; así,  gustaríame plantexarlle unha pregunta ó ministro Gallardón: ¿porque reduce ós mínimos casos nos que se poderá abortar, se nin sequera está a loitar para dar unha vida digna ós nenos e maiores que sufren enfermidades graves e raras e que sobreviven grazas ós esforzos sobrehumanos das súas familias e de algunhos voluntarios??
Baixo o meu punto de vista, é unha contradicción enorme, xa non defende os dereitos dos que xa naceron, como para aventurarse neste tema tan delicado e no que é case imposible chegar a un consenso entre as opinións pro-vida e as que están a favor do aborto.
Existen tantos motivos coma cidadanas que deciden dar este paso, meditado e na que as partes están de acordo, no caso de que a embararzada conte con parella ou familia. E nos casos de nai solteiras debería de ser o mesmo.
O aborto deberíase clasificar como un dereito que posúe toda muller de decidir se dará a luz ó seu feto, independientemente da raza, cultura, nivel económico,etc.
Temos dereito a escoller como vivir, e como tal, tamén deberíamos poder tomar as decisións sobre algo que está no interior do noso corpo, e que polo tanto, pertence á nosa vida privada, e é a nai que debe decidir. Pero tamén cun seguimento médico, para analizar os aspectos psicolóxicos e de saúde.
Ás persoas que ven o aborto coma asasinato plantexaríalles o problema, dalgún caso no que desafortunadamente  mulleres que por estar ilegalmente no país e ó non poderen abortar acaban asasinando logo de nacer ós seus fillos, e outros casos parecidos que aparecen nos medios. En realidade non é isto moito máis grave e preocupante??
Porque unha muller que ó mellor xa ten 3 ou 4 fillos e se queda embarazada non pode renunciar a volver a ser nai??? se tal vez esté sobrevindo a duras penas e un membro máis sería imposible de manter?? porque traer ó mundo un nen@ ó que non será posible garantizarlle unha vida estable, ou que se ten graves problemas de saúde vai a sufrir o resto da súa vida??
Podería poñer miles de exemplos polos que o aborto me parece un dereito,un dereito no que a nai decide se sacrifica aspectos da súa vida, que nalgúns casos son totalmente radicais, pero que se lle día a opción de se quere que así sexa e decida seguir a diante,ou pola contra non se ve capaz e cree que se equivoca seguindo co embarazo polos seus motivos.
Persoalmente repasaría algúns dos artigos da vixente lei de Zapatero cos que non estou totalmente de acordo, e que segundo a miña opinión serían de axuda para a sociedade; estes casos eran nos que a muller a partir dos 16 anos podería abortar sen  o consentimento dos seus pais, neste punto recoñezo  a miña disconformidade, xa que penso que desta maneira os adolescentes e os xa non tanto, non se tomarían en serio o tema do aborto, e utilizaríano coma un método anticonceptivo máis. Co que deberíamos aumentar a información tanto referente ás relacións sexuais coma ás prácticas do aborto, e non querer reconvertilos nun tema tabú como para mín é o que está a facer o PP con este anteproxecto de lei tan retrógado, no que nin sequera os mesmos membros do seu partido político se poñen de acordo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario