viernes, 31 de enero de 2014



Iusnaturalismo ou dereito natural é unha teoría ética cun enfoque filosófico que defende a existencia de dereitos do home fundados ou determinados na natureza humana, universais, anteriores e superiores (dereito á vida,a liberdade e a propiedade) ás normas xurídicas positivas ( as establecidas polo seres humanos) e ó dereito fundado no “costumbreo”
Esta doutrina desenvolverase no S, XVII , terá a Hugo Groccio(1583-1645) o seu claro defensor, e será seguida polos teóricos do laicismo do estado, como Hobbes e Locke.
Ó facer referencia ó Naturalismo enténdese que atrubúe tódalas cousas da Nª como principio. e en conscuencia, o iusnaturalismo pode definirse como a doctria que considera o Dereito dende o punto de vista natural, coma unha escuela de pensamento para a cal , existe u dereito superior ( o Dto. Natural), composto por un conxunto de valores  que actúan como guía da actuación e decisións dos axentes do dereito.
O Dereito Natural ten unhas características propias:
Non é creado  polo home (é anterior él)
É intrínseco ( ten por obecto á Natureza)  
É universal,obxetivo, eterno e inmutable
Está orientado á convivencia pacífica e segura na impere a xustiza.






IDADE ANTIGA
No significado da palabra natureza obsérvase unha evolución.  
ARISTOTELES
CICERÓN
GAYO
ULPIANO
PAULO


Elaborou a diferenciación entre lei particular ( a que cada pobo se atribúe a sí mesmo) e lei común, conforme á natureza.

Desarroiará unha división tripartita entre o dereito particular (Ius Civil), o  dereito particular de cada pobo(Ius Gentium),e o dereito universal ,e o Ius Naturale que expresa a lei humana.
Distingue o Ius Civile, dereito peculiar de cada pobo, do Ius Gentium, dereito establecido pola  razón natural para tódolos homes.
Recupera a denominación Ius Naturale, sendo o dereito común a tódoslos animais, o Ius Gentium, común a tódolos homes e o Ius Civile, peculiar de cada cidade.
Limita a clasificación o Ius Civile, o que en cada cidade resulta ser útil a todos ou á  maoría e o Ius Naturale, o que sempre é bo e  xusto.
IDADE MEDIA


Nesta época enténdese o aspecto racional do Dereito Natural vinculado á divinidade; a razón oriéntase teolóxicamente.


SAN AGUSTIN
SANTO TOMÁS DE AQUINO
Reclama a concepción racionalista que entende o Dereito Natural como un dereito cognoscible pola razón humana, vinculado á lei eterna. Considera a idea da xustiza en términos de mandato de Deus.
Reformula a división tripartita que establecera San Agustín, a partir da consideración do universo cristiano como unha creación de Deus que o goberna por medio da lei eterna.
Así a lei eterna preséntase como principio ordenador do universo e a lei natural como a participación do home a través da súa razón na lei eterna.
Na lei natural pódense distinguir principios primarios e secundarios; mentres ca lei humana terá que adaptarse ás circunstancias de cada sociedade, pero só resultará obligatoria cando sea oportuno na  lei natural.


IDADE MODERNA
O Iusnaturalismo experinmentará un cambio radical n Idade Moderna, pero o que lle proporcionará as súas señas de identidade ó Iusnaturalismmo moderno vai ser o caracter estrictamente racional, desvinculado de consideracións teolóxicas, e a asunción dunha perspectiva subxetiva do Dereito Natural, reconocendo ós individuos a
titularidade de dereitos inalienables.  
GROCIO
HOBBES
LOCKE
PUFENDORF
ROUSSEAU
É o primeiro representante da escola de dereito racionalista, e entende que o home non é só un ser racional, senon tamén un ser social, o que o leva a explicar a orixe da sociedade civil.
Define o estado de natureza do hombre como un estado de inseguridade, de guerra, fundamentando un pacto de cesión á autoridade de tódolos dereitos individuaies en beneficio da paz e a orde.
Defende a idea de pacto social, sen embargo, considera que o estado de natureza é vivir guiados pola razón, dispoñendo de dereitos innatos, xenerados pola acción do traballo.
Opina que o estado de natureza do hombre é un estado de debilidade e indixencia, o que o leva a buscar seguridade para a súa vida e os seus dereitos asociándose a outros homes.
Delinea un estado de natureza caracterizado pola bondade do home que lle permite vivir preservando a súa libertade e igualdade. É a partir da aparición da propiedade privada cando se xeran as desigualdades e se fai necesario acudir ó contrato social.
Podúcese deste modo o tránsito dos dereitos naturais ós dereitos civís ( a sociedade institúe o sometemento dos individuos á vontade xeral).
KANT identifica os principios obtidos directamente da razón, á marxe de calquera expericencia histórica e enfatiza o valor do principio Liberdade, configurando a liberdade individual sobre a posibilidade de coexistir coa liberdade dos demáis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario